terça-feira, 5 de novembro de 2019

4- PÁXINA FIN DO MUNDO

 OS FINISTERRES ATLÁNTICOS 

OS FINISTERRES ONDE ACABABA, BEN ANTES DO CRISTIANISMO E DA FUNDACIÓN DE COMPOSTELA, O ANCESTRAL CAMIÑO DAS ESTRELAS,  SON ESCORPIÓNICOS ESCENARIOS DE MEDITACIÓN, MORTE E REXENERACIÓN, SANTUARIOS NATURAIS, NÉMETONS.
A MORTE É O NECESARIO COMPLEMENTO DA VIDA, FLUXO, REFLUXO, ATARDECER E AMAÑECER… ACABANDO DE MATAR EN CADA MOMENTO O QUE XA ESTÁ CASE MORTO, REXENÉROME.

 EU SON A TRANSFORMACIÓN MESMA. A MIÑA MENTE DÉBESE TRANSFORMAR, PARA MANTERSE LIMPA E VIVA, CONECTADA E CREATIVA.

ANTECEDENTES:


Toda Galicia é unha terra meiga ou máxica, pero onde máis máxicos e suxerentes vólvense as súas paisaxes é entre as penínsulas, cabos e illas que enmarcan as Rías Baixas e Altas. En eras remotas, a península Ibérica levantouse por oriente e somerxeuse por occidente, tal vez iso teña que ver con lendas tais comas do afondamento da Atlántida.

 O océano inundou os cauces dos ríos e vales que chegaban nel desde o macizo Galaico e formáronse esas bahías belísimas que chamamos Rías, onde o pelágo faise doce.

 
Tamén desde tempos remotos, pero non tanto, os buscadores de coñecemento de tódalas tribos europeas converteron ó sol no seu deus e modelo inspirador, co que o percurso solar do leste ao oeste considerábase o carreiro iniciático por excelencia, o mesmo que, na noite, era chamado o Camiño das Estrelas.

Contábase que, ao seu final, acababa o mundo alí onde o sol poñente era engulido polo mar, e que as almas dos valentes benaventurados e iluminados que ata aquel punto conseguían chegar, trascendían a un nivel superior de consciencia a través de portais que abríanse para eles ante as Illas dos Deuses.


 Illas dos Deuses superpostas ás paisaxes físicos, que só aparecían no horizonte final, en todo o seu esplendor, para aqueles que máis ampliaran os seus niveis de sensibilidade e percepción durante a súa viaxe de heroes ou heroínas ao fin do mundo.

Unha concha recolleita naquelas remotas praias, pendurada na fronte do lar do aventureiro retornado á súa patria, mostraba a todos que alí moraba unha persoa que tivo arrestos para chegar ata o final de tódolos camiños e que conseguira retornar para contalo.

Moitos séculos despois, os pobos nómadas de linguas indoeuropeas que apacentaban os seus rebaños ao norte do Cáucaso, entre os mares Negro e Caspio, comezaron a fabricar armas e rodas resistentes para os seus carros co ferro, cuxa metalurxia desenvolvérase na Anatolia. 

Entón, cara ao 1200 A.C, a viaxe iniciática dunhas poucas individualidades excepcionais puido converterse nunha oportunidade para multitudes. En grandes migracións, os clans e as tribos caucásicas foron cruzando Europa toda cara ao oeste, polo sur e polo norte, intentando estabelecerse o máis preto posíbel do Océano do Fin do Mundo e das Illas dos Bienaventurados, o seu soñado Paraíso, levando as linguas e mitos que hoxe chamamos celtas, até os verdes finisterres atlánticos.  


Un daqueles finisterres, o primeiro que atopan os que veñen de Portugal, era o que hoxe denominamos a Península de Morrazo, que separa as rías de Pontevedra e Vigo. No seu extremo atópase o Cabo do Home, apuntando, polo sur, cara ás illas Cíes, e polo norte, cara ás de Ons. No arranque do cabo e dominando a paisaxe, álzanse os 186 metros de altura do monte Facho de Donón. 

Facho significa, en Galego, faro de lume, xa que estivo coroado por unha garita de vixilancia que acendía unha fogueira para avisar ao interior do avistamento de saqueadores marítimos. O cume do monte é un xacimento arqueolóxico dos máis importantes da Península Ibérica, malia que non se excavaron máis que as capas superficiais do terreo.



Con toda seguridade, aquel morro do Fin do Mundo desde o que se divisan as Illas dos Deuses foi un dos principais santuarios ancestrais, lugares de poder ou németons, que marcaban o final do Camiño das Estrelas aos peregrinos precristianos. Descoñecemos baixo que advocación achábase o santuario que hoxe chamamos de Donón nas remotas Idades de Pedra, do Cobre e do Bronce, mais, da Idade do Ferro, a Idade Media recolleu e conservou as lendas irlandesas que falan de Éber Donn, Érimon e o mago Amergin, como líderes dos Fillos de Mil, os Miftryhft ou os celtas goidélicos que, procedentes de Galicia, protagonizaron a última das invasións de Irlanda, arrebatándolla aos conquistadores anteriores, os poderosos Tuatha Dé Danann. 


DONÓN OU DONN

De acordo coa mitoloxía irlandesa, Donn, un guerreiro Fianna, enxendrou na bela Crocnuit a Diarmuid, arquetipo do amor e da harmonía que xorden trala resolución do conflito. Donn é considerado o pai dos irlandeses; unha posición similar á de Dis Pater, señor do Trasmundo entre os galos, conforme o observado por Xúlio César nos seus escritos.



 Durante a conquista de Irlanda, Donn ofendeu a Ériu, ou Erinn, unha das deusas que daban nome áquela terra, e morreu afogado ao longo da súa costa suroeste.


Nunha pequena illa rocosa dela, denominada Bull Rock ou Teach Duinn (a Casa de Donn), díxose que se atopaba a sé de Donn, transcendido agora, polo perdón e a axuda da deusa, como o Señor dos Mortos, ou o Escuro, ou a Negra Sombra, o mesmo arquetipo de Osiris egipcio, que tamén concede a rexeneración interdimensional aos iniciados que merecéronlla. A casa de Osiris, coma de Donn, era o lugar de reunión dos mortos gloriosos, xusto antes de iniciar a súa xornada triunfal cara ao Trasmundo, o paraíso dos heroes e os benaventurados.

Datos sobre Donn
https://cangas.gal/turismo/info.php/es/6 https://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/26/22/35koch.pdf



Históricamente, afírmase que o tránsito naval comercial entre a península e as illas británicas existía xa na Era do Bronce Atlántica. Tamén hai probas, desde o punto de vista lingüístico, de que o idioma gaélico irlandés pertencía á mesma familia que as linguas prerromanas do norte de España, diferenciándose das de Gales ou Cornualles, estas pertencentes á rama bretoa da lingua céltica. Os séculos IV e III a. C. marcaron o auxe do poder celta nas distintas partes de Europa.

Aínda que todas esas lendas (recollidas moitos séculos despois, século XI, no Libro das Invasións de Irlanda ou Lebor Gabála Érenn), son moi vagas, mitolóxicas, remotas e discutibles, uns estudos da Universidade de Oxford viñeron confirmar, en 2006, tras realizar unha proba de ADN a 10.000 británicos, que a maioría dos pobladores destas illas ten idénticos xenes que os do noroeste da Península Ibérica https://es.wikipedia.org/wiki/Lebor_Gabála_Érenn https://www.youtube.com/watch?v=m8XirXeRitc 

As excavacións, aínda superficiais, practicadas ata agora no Facho de Donón da Península de Morrazo, permiten especular que, efectivamente, o monte xa era un moi coñecido lugar de poder na Idade do Bronce. Pero o que si pódese comprobar documentalmente é que nun tempo moito máis tardío, xa na Era Romana, continuaba séndoo, baixo a advocación do deus lar Bero Breo, segundo consta na maioría das inscripcións, do cal non se coñecen outros santuarios nin referencias.

Parece que os lares eran os espíritos protectores máis próximos aos humanos, algúns coidando do fogar, outros dos viaxeiros ou dos navegantes. Eran fillos de Mercurio e de Lara, unha náiade ou ninfa da auga. Innumerábeis peregrinos chegaban ata o castro de Beróbriga en Donón, confeccionaban toscamente ou adquirían uns altares de pedra do cabo máis refinados, todos en forma de columna, subíanos ao cume do morro, plantábanos en terra mirando ás Illas Sagradas e facían sobre eles ofrendas de viño ou aceite perfumado, pedindo ao Señor da Vida e da Morte, chamado nos tempos de Roma Bero Breo, saúde e rexeneración.




 Din os arqueólogos que o cume do monte chegou a estar tan ourizado de aras votivas que tiveron que ampliálo para que coubesen máis, malia que as máis antigas e danadas pola intemperie ían sendo reemprazadas polas novas.   Enriba, unha recreación fantasiosa de Manuel Castelin, usando Photohop.  

Coa chegada do Cristianismo, substituiuse o culto de Bero Breo polo de San Andrés, un santo no que sincretizaron a figura pagá de Hermes, o condutor das almas ao outro mundo, cuxos devotos continuaron as súas peregrinacións ás ermidas sanadresinas que a Igrexa levantou nos diversos finisterres atlánticos. Moitas das aras votivas foron usadas como cimentos do poboado cristián.



 POR TODAS ESTAS REFERENCIAS E, ESPECIALMENTE, PORQUE TRÁTASE DO LUGAR MÁIS MÁXICO, EVOCADOR DO INFINITO E PROPICIO Á MEDITACIÓN, DE TODO O FINAL DO CAMIÑO, é porque o autor destas Cartas-Guía non se conforma con que a Vía das Estrelas para a ampliación e rexeneración da mentalidade dos peregrinos do autoencontro quede só restrinxida ás rutas e as tradicións da Éra Cristiá ou ás conveniencias turísticas contemporáneas, e propón o descubrimento intuitivo da Península de Morrazo (non só a contemplación do cabo do seu extremo, senón tamén a meditación nas mámoas ou dólmenes da súa cima). Proponse aos buscadores máis libres e sensíbeis, como efectiva Variante Atemporal neste traballo, que se guía, especialmente, por sentir o momento, sentíndose integrado coa vibración de cada lugar.


O mesmo vale, sen dúbida, para o resto das praias, penínsulas e montes das outras Rías Baixas e Altas, evocadores santuarios naturais (németons para os celtas), portais interdimensionais,  laberínticas metas do Camiño precristián.


  O Cabo de Hermes, o cabo máis occidental da Costa da Morte.


Labirinto imaxinado de Monte Pión  ao  fondo da Praia de Mar de Fóra, escenário-meta da novela de  M.Castelin " VIAXE DE ORFEU AO FIN DO MUNDO"

Este é o lugar onde realiza-se a Iniciación de Orfeu ao Labirinto, a fin de preparálo para descender ao Mundo dos Mortos e retornar, para o cal é necesario acabar completamente de comprender e harmonizar as circunstancias do Ciclo Vivencial Presente.
(CONTINUAREMOS A PARTIR DAQUÍ, DESPOIS DO PEREGRINO  CHEGAR Á GALICIA.

Damos entrada aquí, tamén, a unha páxina PARA QUEN GUSTA DE LENDAS.

RETORNAR A ETAPAS EN PORTUGAL

Nenhum comentário:

Postar um comentário