terça-feira, 5 de novembro de 2019

2- PREPARACIÓN. OS PERPETUOS ESENCIAIS


AS ESTACIÓNS DO LABIRINTO, COAS  SÚAS CARTAS, TEXTOS E CADROS RELACIONADOS.  



-Camiñante, eres libre de consultar cartas e libro no teu teléfono móbil e de facer comentarios, se quiseres; esa é a idea. Manuel Castelin sempre reserva para si os direitos de impresión e te roga que os respectes.-

Se algún experto en informática sabe como converter estas cartas, por amor, en unha aplicación gratuíta que facilite aos peregrinos as barallar aleatoriamente, me contacte en Messenger manuelcastelin.3 
Igualmente, agradezo muito calquera corrección que poida axudar a mellorar este traballo.

 ISTO É UNHA OBRA PROCESUAL, COMO TÓDALAS DESTE AUTOR, O QUE QUER DICIR QUE PODE RETOMÁLA E INTENTAR A SÚA MELLORA, EN TANTO EL CONTINUE APRENDENDO SOBRE ESTE PLANETA. AS PÁXINAS NOS CATRO IDIOMAS QUE MANEXA, PODEM TORNARSE VERSIÓNS DIFERENTES E CREATIVAS  DA MESMA OBRA.


COMEZAMOS:
OS PERPETUOS ESENCIAIS SON OS ARQUETIPOS PRIMARIOS, UNHA BASE DE SIGNOS E  IMAXENS SIGNIFICANTES, SOBRE A CAL PARECE FUNCIONAR TODO O SISTEMA CREATIVO DA MENTE DO AUTOR.

Aparecen desde a carta 0 á 06, e da 1 á 3.  Só comezarán as etapas concretas do Camiño Geográfico en Lisboa, ao chegar a carta 4


Á ESQUERDA, ABAIXO, A CARTA DO LABIRINTO,  Á SÚA DIREITA, UN CADRO PINTADO PELO AUTOR SOBRE O TEMA DA MESMA.

BAIXO AMBAS IMAXENS, TEXTO QUE COMENTA A CARTA,


O TEXTO E O CADRO VERANSE COMO PÁXINAS ESQUERDA E DIREITA DO LIBRO IMPRESO DO PEREGRINO.
  
 O número da primeira carta fúndese co da carta final, tal coma na vida.


0-104 - O Misterio: Motor da evolución.

Aprendín que o meu ser orixinal, a miña esencia, é indefinible para min.

Non podo especular nada sobre ela, mas percibo que, dentro das moitas dimensións da súa consciencia, deben estar contidas, de forma plena e atemporal, todas as potencialidades, porque así sinto que o están na miña.

Sinto, tamén, que nós, os seres humanos, somos ramificacións desa sutil consciencia primeira, que adquiriron unha forma específica ao materializarse, cada unha coa súa propia mentalidade, programas, obxectivos e capacidades, resultantes dos condicionantes que a rodean.

E que nosa mentalidade vai evolucionando de grado en grado, no coñecemento funcional, vivo,  desas potencias, á medida en que e capaz de transcender os condicionantes que limitan a súa percepción e acción libre... 
...O cal debe servir para reintegrala, convertida en consciencia experiente, útil e sabia, á súa misteriosa Orixe Esencial.

CADA CARTA TERÁ COMO REVÉS A CARTA CORRESPONDENTE AO NÚMERO SEGUINTE. AMBAS LENSE XUNTAS, XA QUE SON COMPLEMENTARIAS, OPOSTAS, OU CONSECUENCIA A UNHA DA OUTRA: 



01 - A Consciencia: 
O ser en min sabe moito máis, desde sempre, que o que a miña mentalidade actual pódeme demostrar racionalmente. A razón é ave de voo baixo. O saber do ser exteriorízase como un sentir. A intuición é un sentir-saber que guía.

Sabe que somos unidades de autocoñecemento sensible e executivo do ser total. Sabe que coñecer todo aquilo canto somos capaces de concebir, é a nosa función, o noso sentido de vida e a nosa realización neste plano.

Aprendín que o meu natural medo ao misterioso e ao descoñecido só supérase ao ousar enfrontalos, vivenciando as súas múltiples posibilidades e facéndoas coñecidas e utilizables.

A Consciencia é a luz que ilumina O Misterio, pero tamén é luminoso misterio en sí mesma.
    



02 - O Pai: 

Vontade de Ser e de Realizar. 

Sento claramente aquilo que o meu ser esencial desexa dentro de min, coa maior firmeza e en cada momento. 


Este sentimento non ten calquera relación con caprichos pasaxeiros. Sei que realizalo farame pleno e feliz. E que podo contar, para intentalo, con todo o poder e o saber da miña esencia. El universo inspira tanto como conspira.

Malia a miña ignorancia, sento esa vontade interna e constante como a primeira das forzas que me animan e como a máis confiable. 


Ela dime que, todo canto somos capaces de concibir e de querer con real paixón, tamén somos capaces de coñecelo e de desenvolvelo como potencialidades evolutivas da nosa mentalidad individual-grupal, que fácense vivencias da nosa esencia. 


03 - O Lume: 

Instinto transformador.

O poder da vontade fundamental do meu ser é un lume de paixón e interés que me impulsa a realizala, así como unha luz que guíame nese empeño.

Somos enerxía-consciencia. A enerxía do único que hai, do ser, nin se crea nin se destrúe. Só se transforma continuamente.

Se a vida é transformación, eu sei que este lume que me anima transformarame positivamente e que transformará todas as circunstancias que me envolven, a fin de satisfacer o desexo prioritario e imperativo da miña esencia. 

Polo tanto, confío no seu poder e lánzome na procura realizadora do seu obxectivo.


04 - A Nai: Intuición inspiradora.

Ollo para dentro e confío na sabedoría e na orientación da Fonte Orixinal que me creou, que ámame e me aníma.

Sexas home ou muller, ou como queiras chamar à túa envoltura, seguro que necesitas cultivar en ti, ao longo do teu Camiño, as cualidades amorosas do Arquetipo Nai, antes de fundirte co Propio Amor do Ser Creador de todos os arquetipos, mais aló de sexos e géneros. 

Así será como vaise unificando a nosa mente con tódolos programas primarios da mente extensa
.   



05 -A Agua: 
Imaxinación Emocional.

A emoción é a vida fluinte e a graza de toda creatividade.
Sento que a imaxinación emocional e a curiosidade son as nossas formas máis básicas de conhecimento, anteriores á especulación intelectual.


O noso neno interno está máis preto de percibir a nosa esencia que o que a nosa personalidade adulta, tan distraida e conceptual.

A nosa esencia sempre sabe que todo é un, que todo é eu, fluindo, a súa consciencia non pode separarse do seu mundo para xulgalo. 

Percíbeo, por empatía (pola emoción sentida no seu propio ser-mundo).

O aparente ser “do outro” apenas é outro aspecto de un mesmo. Ser-espello. O saber esencial é saber ser. 




06 - O Fillo: Camiñante Evolutivo. 

O Fillo son eu, o peregrino. Sei que son unha unidade de consciencia vivencial do Ser Esencial que ES, vivindo o labirinto da súa creación.

 Aprendín que estou aquí para facer evolucionar a miña mentalidade, ó longo dos cambios da viaxe da vida.

 Mentalidade: a miña maneira creadora de pensar e de mirar ao mundo, aos outros e a mim mesmo.

... Ata poder pensar, mirar e, por tanto, crear, tal como pensa, mira e crea o Ser. 

1ª ETAPA: MUNDO DE ILUSIÓN
.


1 - O Aire: Vibracións da Consciencia. 

Eu son só un ínfimo anaquiño da Creación, sí; ou mellor, un feixiño de ondas.  Pero dispoño de ampla marxe para vibrar ao meu xeito a Danza da Vida, en conxunto co gran feixe doutras frecuencias de consciencia semellantes a min, todas nós ondas do Océano de Consciencia do ser maior que todos xuntos somos. 

As mesmas leis que rexen a miña mente, conectada ás mentes colectivas, rexen tamén a gran mente planetaria, conectada ás mentes cósmicas, múltiples capas do Ser. 

2 - A Terra: Base construtiva.

O meu feixe de ondas de consciencia móvese nun campo mental con variadas dimensións que eu podo sentir, simbolizadas, na miña cultura, polos catro elementos, bases de arquetipos e mitos.

Conforme ao que eu penso e sento, a matriz da Terra é fecundada e xesta para min ese guión da miña vida, que corresponde a ese pensar- sentir, dentro do escenario laberíntico do tecido de guións na rede da Mente Colectiva.


3 - A Mentalidade: Filtro persoal do subconsciente colectivo e individual.

O noso modo evolutivo de ver aos outros, ao mundo e a nós mesmos, é un produto das nosas crenzas, culturas, costumes e experiencias, xeitos de actuar e xuízos.

Nunca deixarei de ampliar a miña mentalidade, aspirando sempre a todo o máis elevado e abarcante. Sei que toda mentalidade que se estanca, volve atrás, involui.
 Sei que a miña mentalidade xera para min un guión de vida, por iso intentarei ser un bo guionista-actor-actriz. Un artista da Vida.

O meu ser real non é de carne, ainda que a conforme como vehículo de manifestación no seu plano físico... Nin un constructo. El está máis aló de sexos e de xéneros, de corpos ou mentes.


A CONTINUACIÓN, INICIAMOS EN LISBOA AS ETAPAS PORTUGUESAS DO CAMIÑO. CLICAR AQUÍ.

Nenhum comentário:

Postar um comentário