terça-feira, 5 de novembro de 2019

5- PARA QUEN LLE GUSTAN AS LENDAS.




Contan os esotéricos que os Cabaleiros Templarios, (que se estabeleceron sobre as ruinas do templo de Xerusalén durante 60 anos), cando fracasaron todas as Cruzadas, excepto a Ibérica, e se viron obrigados a retornar á Europa, trouxeron con eles dous grandes coñecementos:



O Primeiro: explorando aquelas ruinas descubriron a arte sagrada de construír templos, que, segundo a Biblia, Deus ditaría ao sabio Salomón.

 


O Segundo: convivindo todo aquel tempo en Palestina coa gran variedade de culturas e relixións que habitaban naquel espazo, onde se cruzaron distintas , os da alta xerarquía da Orde do Templo, (que, en principio, apenas foron católicos rixidamente fundamentalistas, consagrados a ser o brazo armado do Papa de Roma), puideron facer unha reciclaxe de todo aquilo que de mellor e máis sabio tiñan todas as relixións que vían ao seu derredor e, despois, facer unha síntese do que era o esencial e importante en todas elas, máis aló das formas e das políticas.

 Aquilo mudou completamente as concepcións relixiosas dos dirixentes templários. Porén, tiveron que ocúltalo, para non parecer heréticos.


Correu a nova de que, co Primeiro Coñecemento e coas riquezas acumuladas pola Orde, os Templários retornados promoveron a construción  de Catedrais Góticas. Europa encheu delas en só outros 60 anos.


Como tecnoloxía sagrada, o Gótico, comparado co Românico, (o estilo que precisamente o antecedera), non era o equivalente a pasar dun coche Ford modelo T dos inicios do século XX para un Toyota dos inicios do século XXI, non. Era, na verdade, como pasar do modelo T para unha nave espacial.

Para conseguir aquela enorme evolución, o ápice da Idade Media, os Cabaleiros promoveron unha Fraternidade de Compañeiros Construtores de Catedrais organizada en gremios, nos cais os secretos de oficio eran transmitidos só aos discípulos máis merecedores e confiábeis, en cámaras de graos xerárquicos ascendentes.

http://www.catedralesgoticas.es/eni_templarios.php

Foi así que os Templarios, que xa eran unha Orde Iniciática, crearon outra para os seus Compañeiros Construtores, a cal, co tempo, terxiversaríase, dando orixe á Masonería, cuxos graos dirixentes, en adiante, xa non buscarían outra cousa, de inicio, que a vinganza contra a Monarquía, o Papado e a relixión tradicional (os responsábeis da destrucción da Orde Templaria) e, tras diso, a conquista económica, cultural e política do mundo, construindo estruturas secretas de poder globalista.

http://www.catedralesgoticas.es/eni_canteros.php

Co Segundo Coñecemento, os Cabaleiros de alto grao víronse obrigados, ao sentir ampliadas as súas mentalidades, a tornarse cada vez máis cautelosos e iniciáticos, unha vez que o seu xefe continuaba sendo o mesmo Papado celoso e moi reaccionario.

Mais non foi só esa a razón. Ao retornar á Europa, eles redescubriron tamén o que había de esencial na cultura ancestral dos seus propios devanceiros, a anterior, inclusive, á romana e á grega. Chegaron á comprensión do sentido de moitos rituais e lugares de poder do pasado, tanto celta como aínda moito máis antigo, do cal conservaban bastante memoria as tradicións dos campesiños da súa época.

E, claro, descubriron o sentido do Camiño das Estrelas pre-cristián... e convertéronse nos seus guardiáns, baixo unha fachada completamente cristiá, ainda que, na realidade oculta, practicasen o puro sincretismo, sobre todo cando a xerarquía dos seus membros xa pasaba ben por enriba dos graos básicos da Orde.

 Descobriram-se no cemitério de Santa Maria de Noia duzentas lápidas de pedra que xamais serviron para enterrar a ninguén. Todas elas están marcadas pelos signos de algunhas das fraternidades de oficios medievais.

 As tradicións esotéricas contan que, antes de receber os graos de iniciación mais altos (o grao 33 pasou a ser o grao de Cabaleiro Templario) os mestres de oficio debían facer o Camiño das Estrelas até ás praias do Fin do Mundo, tal como o ficeron os homes e as mulleres buscadores de coñecemento das antigas tribos europeas.

Cabe resaltar que Galicia é un bloque enorme e antiquísimo do máis compacto granito do mundo. A mellor escola, por tanto, para un mestre canteiro.

As tradicións esotéricas din, aínda, que Noia foi fundada por Noela, filla de Noé, nai da primeira civilización que xurdiu tras o dilúvio, o cal fixo morrer, baixo das súas augas, o vello ciclo corrupto da Humanidade, dando á luz, despois, o novo ciclo, cos sobreviventes.

Transmitiuse como lenda, tamén, que os construtores iniciados chegaban á igrexa templária de Santa Maria de Noia, onde eran acollidos pola Fraternidade.

Cada un deles labraba para si unha lápida en granito galego, porén, non colocaba o seu nome nela, senón o signo do seu gremio, porque aquel era un ritual de morte do ego. O iniciado deitábase nun sarcófago, os fraters cubríano coa lápida por el previamente labrada, e el pasaba toda unha noite alí dentro, meditando, visualizando na súa mente a película dos seus máis intensos momentos de Vida con maiúscula.

O día seguinte, os fraters retiraban a lápida, o compañeiro iniciado camiñaba até á praia e deseñaba na area o camiño labiríntico dos seus setenários de vida, ou entón gravábao sobre unha rocha.

 Despois de feita con lucidez a súa reciclaxe dos Altos Momentos de Vida e de agradecer, honrar e perdoar ao resto dos actores que o acompañaron no escenario específico da súa aprendizaxe, xa podía recoñecer cal era a clase de vibración mental-emocional que máis se repetera nos seus grandes saltos de consciencia, o que lle facilitaba, finalmente, definir a súa persoal vibração-síntese.

Para os setenários que aínda lle restasen por vivir na trilla do Labirinto da súa vida, xa estaba perfectamente claro para o iniciado que a única cousa a que lle interesaba aspirar era a continuar vivenciando momentos que tivesen como tónica a súa vibração-síntese persoal, e a non máis perder o precioso tempo da súa encarnación en proxectos dela desprovistos e, por tanto, alleos a si.

 CONCRETANDO:



Os antecedentes ata agora referidos son puras tradicións, símbolos, mitos, lendas, supostas afirmacións ou revelacións imposíbeis de probar, tal como sucede coas relixións. E non faltan estudiosos que rebaten o mito dos templarios promotores de catedrais, o que o fai, canto menos, discutíbel.

O sentido crítico é o maior talento dunha persoa intelixente, sempre que a leve a algunha idea constructiva, e non á parálise do escepticismo. Non se pode estar de volta de todo antes de partir en busca dalgunha posibilidade.

O más saboroso desta viaxe é conversar degustando un viño cos vellos galegos máis faladores. Os galegos, antes da Era Dixital, eran alimentados, desde nenos, con mitos e lendas antiquísimas, que parecen Historia. 

Eles as gozan e as teñen en conta, porén, cun escepticismo saudábel, que deixa abierta unha posibilidade de buscar:- "... Eu non creo nesas cousas -din cun sorriso medio irónico, como desculpándose-...Pero habelas, hailas".-

Lendas e mitos dan boas e entretidas historias, mas o que impórtanos é a esencia do asunto. 

E o asunto que interesa nesta peregrinación é que o peregrino encontre a súa propia esencia no seu interior, para iniciar desde ela un novo ciclo.

A viaxe meditativa é unha excelente preparación, o resto é produto dunha reflexión profunda. Facer un esquema do teu propio camiño de vida é excelente para reciclar as experiencias máis marcantes e extraer delas a túa vibración-síntese común.

Porén, nos días que corren, cos Camiños e albergues cheos de puros turistas, os rituais antigos (tais como queimar nunha fogueira ás vellas roupas do camiñante, ou encher os areais con deseños personalizados ou, aínda peor, grabar labirintos sobre as rochas, como facían os devanceiros), poden acabar coa beleza natural da Costa da Morte e do Renacer.

 Por iso, A PRIMEIRA COUSA QUE AQUÍ TE RECOMENDAMOS é facer a reciclaxe e a síntese sobre os deseños de labirintos que o Libro do Peregrino contén. Exclusivamente. 
O BO CAMIÑANTE NON DEIXA ATRÁS DE SI OS RESTOS CONTAMINANTES DOS SEUS EGOS.


A SEGUNDA COUSA QUE TE RECOMENDAMOS É NON MOSTRAR A NINGUÉN, NIN AOS SEUS SERES QUERIDOS, OS TEUS LABIRINTOS PERSONALIZADOS, NIN SEQUERA CONTARLLES  CAL É A TÚA VIBRACIÓN-SÍNTESE DESCUBERTA.

Garda eses datos íntimos para ti, como un secreto vital, e aplica todo o que sabes sem falar do que sabes. (Á Galega).
Así evitarás inxerencias de outras persoas sobre o teu destino, con tanta consciencia escollido.

https://books.google.com.br/books?id=4vU1Go6oLBMC&pg=PA50&lpg=PA50&dq=LOS+TEMPLARIOS+Y+LAS+CATEDRALES+G%C3%93TICAS&source=bl&ots=Bx7ozzJM8P&sig=ACfU3U0oFiGha-CFL1yARTvOuWHksZ_Nvg&hl=pt-BR&sa=X&ved=2ahUKEwi9qvKFiN_kAhUqIbkGHeQVAS4Q6AEwEHoECAgQAQ#v=onepage&q=LOS%20TEMPLARIOS%20Y%20LAS%20CATEDRALES%20G%C3%93TICAS&f=false
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
SOBRE O LABIRINTO: 

OBSERVE O LABIRINTO ÓCTUPLO AQUÍ DESEÑADO. El é unha trilla EN FORMA DE OITO, con 110 Estacións de Consciencia, REPRESENTADAS NAS 110 CARTAS-GUÍA.
 A Estación 104 é a mesma Estación 0, porque cada ciclo completo termina no mesmo lugar onde comezou: OUROBOROS, a serpente que morde a súa propia cola.
Cada número tamén representa o correspondente a ese preciso ano da súa encarnação física.

Inclusive, están nel representados os anos que lle son previos. De 0 a 06, os anos da túa preparación forman parte da túa historia persoal, porque ti es só a punta externa do iceberg da túa liñaxe, que preparou a túa vinda e que vive grupalmente como sendo propia esa ampliación da mentalidade do inconsciente colectivo, á cal chamas a túa evolución persoal.

Ninguén está separado de entidades maiores e menores neste Cosmos onde Todo é un, somos como bonecas rusas, unha dentro doutra. 

O Labirinto está dividido en septenários, cada un representado con distinta frecuencia e cor.

A RECICLAXE REALÍZASE SOBRE CADA UN DOS CICLOS DE SETE ANOS DA TÚA VIDA NESTE CORPO. REALMENTE, TEU ÚLTIMO CICLO FÍSICO COMEZA AOS 92, MAIS NON TERMINA AOS 98, PORÉN, CANDO ACABE A VIDA DO TEU CORPO.

NON IMPORTA SE VAS CHEGAR, OU NON, AOS 110 ANOS FÍSICOS, OU ATÉ SE CHEGAS A VIVIR MÁIS DE 110 ANOS.

O último setenário, entre as Estacións 99 a 103, está, na verdade, fóra do tempo físico, esas cartas só describen A SEIDADE (valla a palabra inventada, que significa O SEU ESTADO DE SENTIRSE SER O SER), o DASEIN de Heidegger, O ICHINEN do Zen japonés, o TAO chinés, a túa consciencia, cando se identifica e fusiona intensamente coa enerxía que dá manifestación e vida ao Cosmos desde a Negra Sombra Orixinal, a Coroación e Realización do peregrino, non importando se ti aínda conservas o teu vehículo corporal ou non. O único que importa é que a túa consciencia deixe de estar condicionada e velada por ilusións emocionais ou mentais.

Libre do desexo ti ves o misterio

Prendido no desexo ti ves só as manifestacións


Porén, misterio e manifestacións xorden da mesma fonte


Esa fonte chámase Escuridade


Escuridade dentro da Escuridade


O portal para todo entendemento.




(Tao-Che Ching)


(o Tao, ou O CAMIÑO, na China, é o coñecemento intuitivo da vida que non pode ser percibido como un concepto racional, mas que pode ser coñecido, no entanto, a través da experiencia da vida cotiá real).



.......................................................

Observou que faltan dous números despois do 103 para completar as sete estacións do septenario. Isto é así porque eles refirense a dous estados do Ser que se encontran completamente fóra da nosa actual imaxinación e comprensión humana:

-O ESTADO "FONTE MANIFESTADORA"
-E O ESTADO "NON MANIFESTADO" DO SER.


110 ESTACIÓNS, 16 SEPTENÁRIOS, un deles, previo, de Preparación, outro, o último, un ciclo de SEIDADE fóra do tempo, SIGNIFICAN A CULMINACIÓN DUN CICLO NATURAL.

SE CONSEGUES SUPERALOS, sexa no corpo físico co cal naceches, sexa por medio dunha técnica cyborg ou creada mediante unha xenética trans-humanista, ti debes considerar que a túa consciencia deixou para tras o ciclo anterior e que xa estás navegando nun novo ciclo.

...........................................................


COMO TÓDALAS OBRAS ARTÍSTICAS, ESTE LABIRINTO EN FORMA DE OITO ESPIRAL EN TORSIÓN XURDIU DUNHA INSPIRACIÓN INTERIOR, E NON DUN ESTRITO, CALCULADO E RIGOROSO DESENVOLVEMENTO LÓXICO.

Toda inspiración COCREADORA parte de datos xa coñecidos e estes foron, para o autor, os petroglifos labirínticos achados nas súas Rías Galegas natais, moito especialmente o Labirinto de Mogor, na de Pontevedra.

 Dalgunha maneira, a inspiración (xurdida no decurso dun traballo xamânico na Floresta Amazónica do Brasil) desenrolou ese Labirinto en DOUS CICLOS ENLAZADOS e creou o labirinto en forma de oito que, inmediatamente, fixo ao autor pensar nas estruturas en forma de parafuso tridimensional en que se desenvolven, xirando, as cadeas do ÁCIDO DESOXIRRIBONUCLEICO, O FAMOSO ADN QUE CONTÉN AS NOSAS INFORMACIÓNS XENÉTICAS.



Iso pode explicar porque a información da capa frontal de cada carta do Labirinto correspóndese coa información da parte de tras da mesma carta, que ten o número seguinte, e que deben lerse as dúas, xa que son conceptos arquetípicos opostos-complementarios, cando non trátase dun concepto como sendo a consecuencia do outro.

 OBSERVA QUE, tal como no Tarot (outro dato anterior sobre o cal a inspiración do artista xogou libremente, sen querer facer un Tarot Clásico, nin seguir as súas regras), nestas cartas hai Arcanos ou Estacións Maiores ou Menores.

Tódalas Estacións Menores corresponden a Etapas Xeográficas do Camiño de Santiago Portugués en dous ciclos ou volutas do oito, antes e despois de atravesar o río Miño, que fai de raia fronteiriza entre Portugal e a española Galicia.



   Dous labirintos enlazados, nos cais existe a tridimensionalidade en parafuso que supoñen as distintas opcións que o peregrino pode escoller: o Camiño Central ou Interior, ou o Camiño da Costa, o Camiño das Rías, a Variante Espiritual e a Translatio.


As Estacións Maiores representan Estados de Consciencia que o peregrino debería cultivar e regar con maior consciencia cando esa carta xurde.

RETORNAR A ETAPAS EN PORTUGAL  
RETORNAR A ETAPAS NA ESPAÑA

Nenhum comentário:

Postar um comentário