terça-feira, 5 de novembro de 2019

1- PRÓLOGO

ESTE TRABALLO AXUDA A RE-ENCONTRAR O PROPIO SER REAL SOBRE UN CAMIÑO DE PEREGRINACIÓN, DES-VELANDO OS FALSOS SENTIDOS DA VIDA QUE VAN OCULTANDO A NOSA AUTENTICIDADE. 

Aos 70 anos, Manuel Castelin entrega con amor aos xovens, nos idiomas que utilizou polo mundo, Portugués, Galego, Español e Inglés, o resumo esencial da súa camiñada de artista ao longo do Labirinto da Vida, como agradecemento polo que lle deron de bo nela as súas comunidades próximas, os seus países irmáns e os seus queridos pobos. Manuel desexa a cada un dos compañeiros e compañeiras do camiño un gran crecemento en harmonía, unha orientación lúcida e libre, un descobrimento intenso e consciente, eleccións acertadas, coherencia e fructificación feliz.

Dedico este traballo á memoria do meu vello amigo, o pintor Laxeiro e, a través del, aos meus paisanos galegofalantes e á nosa nai Galicia. Que viva a Vida por sempre.
13 de Novembro de 2019.

O LABIRINTO DA VIDA é un percorrido de reflexión artística de 110 estacións numeradas da aprendizaxe evolutiva da nosa mentalidade ao longo dela. Non está conectado a relixión algunha nin a calquera ideoloxía en concreto, pero si a unha busca de autoencontro e de integración armoniosa coa propia esencia.

Cada número refírese a cada posible ano da nosa existencia.

 As estacións do Labirinto transcorren ao longo de unha trilla de consciencia para os seus  peregrinos, e as súas etapas coinciden, neste traballo, coas diversas opcións, oficiais ou atemporais, do Camiño Portugués que leva a Santiago. 

ULTRÉIA (Imos adiante)
Saúdos de Manuel Castelin, o autor destas cartas-guía, tan só un camiñante máis, que leva uns 40 anos do Camiño das Estrelas, ao longo das Europas e das Américas, sempre usando desta obra procesual, en calquera ruta, como libro da viaxe, no cal anotar as súas sucesivas aprendizaxes evolutivas.

Podes usar este traballo para facer un camiño virtual, imaxinario, sen saír do propio espazo habitual, ou podes preparar o Camiño Físico, un pé seguindo ó outro, observando, á vez, tanto o que acontece no teu exterior como o que acontece no teu interior. 

Estas cartas serven, en realidade, para calquera camiño, pero eu adapteinas ao Camiño de Santiago Portugués, porque xa realicei outras antes, para o Camiño Francés. https://www.facebook.com/Cartas-Guia-para-os-Peregrinos-do-Caminho-das-Estrelas-502611609924232/

https://youtu.be/T9BI2W6Lh5s  O Camiño Máxico de Santiago.

Naturalmente, o Camiño Físico, que eu recomendo, ten unha enorme vantaxe sobre o virtual: tu decides abandonar un día concreto o teu ambiente persoal habitual (onde atópaste sólidamente encadeado á mátrix conceptual por mil hábitos e rutinas, relacións que veñen do pasado e expectativas, obrigacións e compromisos de futuro), saes de Lisboa, Porto ou Valença do Minho (último punto de partida para podélo chamar Camiño Portugués) e inicias a camiñada.

Durante os primeiros catro días, a túa mente continúa mastigando o mesmo pasado e futuro que rumiabas na túa casa e case non te desconectas do teu teléfono móbil porén, ao quinto día, comezas a prestar máis atención ao que de novo vaiche sucedendo, aquí e agora... Ata podería ser que, ao chegar á Sexta Etapa, xa esteas bastante enfocado no presente. Iso supoñería o teu primeiro éxito na Vía do Camiñar.

É por iso que, para quen só pode facer o Camiño Virtual, sería bo animarse a dar un paseo diario fóra do ambiente persoal habitual, aínda que fose curto, para imaxinarse percorrendo nel, ese día, a etapa física do Camiño Xeográfico, só ou acompañado, como desexe, para pensar no seu texto e para aplicalo justo àquilo que vai observando ou atopando durante o seu paseo... E para, ao final, meditar un pouco, practicando a consciente desatención ao axitado discurso do ego e procurando sentir, na calma interior, as intuicións provenientes do máis Real de si mesmo.

A meditación, xunto co esforzo purificador de camiñar durante o día e sair para cargar a pila da sensibilidade cósmica, contemplando as estrellas de noite, son os principais instrumentos de todo o exercicio peregrino: Camiñar no presente, meditar, contemplar e, como consecuencia, reflexionar e tomar consciencia.










OS CAMIÑOS

Existen varias rutas tradicionais que atravesan Portugal como, por exemplo, a que cruza o Parque Peneda Gerês, que conecta co final do Camiño Francés. Bela, pero algo dura, realmente para  supercamiñantes.
Aqui presentamos QUATRO OPCIÓNS, para que qualquera pessoa, de qualquera idade e condición, poida realizar o Camiño de Santiago Portugués.   


 A Primeira Opción consiste en saír de Lisboa e seguir ata Porto, (ou partir de Porto cara a Vilarinho), e camiñar despois o Camiño Central, o que vai polo interior de Portugal, aproximadamente 28 días-etapas do Camiño, desde Lisboa ata Santiago de Compostela, a VÍA MÁIS OFICIAL.

Aínda dentro da Primeira Opción, podes facer unha viaxe máis curta saíndo de Valença do Minho -6 días-etapas e 117 kms. ata ao final. Este é o percorrido mínimo esixido para facer o Camiño oficialmente, isto é, dentro das normas, selando a túa credencial tres veces por día en locais oficiais, durmindo en albergues oficiais e finalmente recibindo en Santiago un diploma oficial, chamado A Compostelá, que certifica que ti fuches un peregrino de feito, tal como manda a Igrexa Católica.


A Segunda  Opción, para quen prefira percorrer as praias, é o Camiño da Costa. Consiste en saír da cidade de Porto en dirección a Labruge, e seguir as indicacións. Son 10 a 13 días-etapas ata ao final. É tamén,VIA OFICIAL, isto é, marcada pelos gobernos nacionais e locais como conveniente para o desenvolvemento dos intereses turísticos de cada época.
A Terceira Opción, non importa por cal dos camiños chegaches a Pontevedra, consiste en dirixirche a Compostela a partir desa cidade, escollendo a fascinante ruta chamada “Variante Espiritual e Translatio”, aínda unha VIA OFICIAL, fundamentalmente paisaxística. 


Finalmente, a Cuarta Opción, será para quem decidiuse a fazer o  Camiño das Rías, partindo de onde escolleu peregrinar, ata Valença do Minho e Tui, os portais Portugués e Español da, de momento, VÍA NON OFICIAL, seguramente precristiana, a da Viaxe Intuitiva e as variantes atemporais, a máis recomendada polo autor destas cartas para os buscadores menos convencionais, con varias libres eleccións creativas a gusto do camiñante (ou navegante). Mellor canto mais distantes, segundo o més, das rutas masificadas da peregrinación profana ou do Camiño da Lebre”.

Ao percorrer as súas Etapas Sen Tempoeste "camiñante por livre" non vai, de momento, a gañar a Compostelá, nin vanlle selar as credenciais oficiais, porén, pode  facilitar o especial Auto-Encontro que buscaban os peregrinos das tribos europeas anteriores ao Cristianismo, viaxando ata o cabo do mundo entón coñecido, onde se dicía que podían "visionarse ao fin do día" as míticas Illas dos Benaventurados.

AvisoEsta Cuarta Vía es só para artistas da Vida tolos, aventureiros do espíritu, místicos trasnoitados, poetas sen remedio e namorados da Naturaleza-super-respectuosos con ela-, con a condición imprescindible de peregrinar en solitario, salvo se acompañados por unha excepcionalísima musa ou muso.


AS  CARTAS  DO  LABIRINTO

Estas cartas xurdiron dunha inspiración excepcional recibida no máis profundo da Floresta Amazónica Brasileira en 1989, conteino no meu relato “A Bebida do Poder”, que coloquei libre na internet. https://retirocaminhosagrado.blogspot.com/

Elas inspiráronme moitos outros traballos ao longo de moitos anos,  entre eles, as Cartas-Guía do Camiño das Estrelas. 
https://www.facebook.com/Cartas-Guia-para-os-Peregrinos-do-Caminho-das-Estrelas-502611609924232/

Finalmente xurdiu de tódalas experiencias previas o que estou intentando que sexa a miña obra de madurez e o meu legado, e coloqueille, como taboleiro de xogo, o Camiño de Santiago Portugués, porque enlaza as dúas culturas máis amadas por min, as de ambas ribeiras do Río Minho, Lusa e Hispana, que fanse universais nas beiras dos Océanos. 

Na época de globalización exploratoria na que estamos inmersos en 2019, confío en que Luspania, ou Latinia, ou Confederación Ibérica ou Latino-Americana –ou calquera outro nome que acabe por votarse por maioría- vaia convertíndose, pola forza do mellor do carácter ibero-americano,(seguramente mesturado co excelso doutras culturas universais por causa da hispanización de Norteamérica), nun dos bloques globais máis prometedores da Humanidade, e aporto a iso o meu humilde graociño de area, con todo amor e esperanza. 

Penso que o mundo irá sendo mellor, cuanto máis o individuo continúe desenvolvendo consciencia de que o mundo é o seu propio corpo maior.













PENETRANDO NO LABIRINTO.

Podes observar que 56 destas cartas refírense a lugares xeográficos concretos, pero non as demais que restan, ata completar as 110.

As primeiras, ou Menores, son as cartas-etapas das catro opcións do Camiño, das cales xa falamos, e as segundas, os Perpetuos Esenciais e as 24 Cartas  Maiores, as cartas-estados de consciencia, os estados que o autor recoméndache observar e cultivar dentro de ti, a partir do momento en que pediches ao teu Guía Interno escoller a tal carta co puro tacto e a cegas.


Os lugares xeográficos polos cales pasas ou imaxinas pasar, non son máis que espellos da túa Camiñada Interior por estados de consciencia. Iso é o único que de verdade nos importa, razón pola que podes facer o Camiño das Estrelas virtual ou mentalmente, sobre esta ruta ou calquera outra.

O percorrido xeográfico concreto non é determinante, por iso podes escoller, de acordo aos teus gustos, a ruta do interior ou aquela que vai divisando o mar. As asociacións e os municipios poden ir creando trillas e rutas máis atractivas que as actualmente dispoñibles e multiplicar as opcións.  

Importa o Camiño do Autoencontro, non Santiago, que é só un punto marcado para finalizar a experiencia do Camiño físico. Non faría mal aos peregrinos si estes se preguntasen por que será que o Camiño de Santiago ten precisamente como símbolo unha concha, sendo que Compostela é unha cidade do interior, sen praias.

Agora que ninguén nos escoita, este vello camiñante cóntache un segredo ao oído, se ti queres, amigo lector: Suspeito que non hai rutas ou lugares máis sagrados que outros. 

Non deve havelos, porque toda a Terra é sagrada, se a contemplas a partir dunha perspectiva sagrada, o que quere dicir a partir dunha búsqueda da túa realidade interna, para a qual o marco ideal é a natureza mais pura e recolhida.

Tamén toda a Terra pode ser profana, se o observador está totalmente durmido ou insensible ante ela, ou facendo unha camiñada puramente turística, histórica ou deportiva, entre barullo de multitudes, cultura de consumo e hipermercados espirituais.

Tanto en Portugal como en España ou na internet, estes tres tipos de camiñantes atoparán, ao pé dos Camiños Oficiais, centenares de carteis e webs, cheos de indicacións que corresponden aos seus intereses.

 Eu deixo aquí algúns enlaces, para facilitar, sen ter que ocuparme desa parte. 
https://www.gronze.com/camino-portugues


AGORA, IMOS AO  IMPORTANTE:


- 
O Camiño de Santiago tradicional, a peregrinación real, ten un sentido cristián ou, polo menos, como di o Credencial do Peregrino, unha actitude de búsqueda

Os crentes sinceramente cristiáns -o noso maior respecto para eles-só teñen que seguir as prescripcións da súa relixión. Confiar en Deus... ou no Espírito Santo, no seu fiel Guia Interno, ou nos santos, no seu Santiago Interno... ser fraternos, rezar e visitar igrexas, asistir a misas, confesar e comulgar. É mellor evitar chegar a Compostela no masificado mes de Agosto.

Quen busca, encontra. Peregrinar ata un lugar distante coa actitude aberta á cambios e buscando elevación espiritual, é doado de comprender que amplía a mente. 

A pesar de que peregrinar para buscar méritos e milagres, rezando sobre unha tumba onde supuestamente gárdanse os restos dun santo, parece unha curiosa forma de materialismo espiritual.

Segundo unha comprensión intelixente da relixión cristiá, o espírito do santo debería estar no Ceo, e xa non máis conectado aos ósos ou cinzas de ósos que abandonou fai oitocentos, mil ou case dous mil anos.

Nunha mentalidade verdaderamente espiritual, o espírito inmortal e eterno do santo podería ser invocado mentalmente ou de palabra, sen necesidade algunha de achegarse físicamente aos seus pobres restos físicos, máis ou menos corruptos.

Con todo, durante toda a Idade Media, a Igrexa Católica traficou moi rentablemente con este tipo de supersticións. Varios historadores din que Diego Xelmírez, o primeiro arzobispo de Santiago, demasiado ambicioso para contentarse con que os peregrinos viñesen en grandes multitudes á catedral que construiu para venerar as reliquias dun suposto apóstolo de Cristo, aínda cometeu o abuso de retirar da catedral de Braga, en Portugal, as reliquias doutros dous supostos santos de menor xerarquia, pero que tamén atraían devotos, e levoullas para a florecente Compostela.



Os crentes necesitan tan só de crer, non nos astutos arzobispos como Xelmírez (por outra parte un brillante político e infatigable promotor do Camiño que construiu as Españas), pero si en Deus, na nossa esencia pura original, e nos espíritos dos santos (ou espíritos humanos unificados con Deus), que se diz que dan axuda áqueles dos seus irmáns que a piden e a merecen. E, se iso faltase, dásella a egrégora da fe creada e mantida durante séculos. Os crentes necesitan só de crer, pedir e ser boa xente (é dicir, cultivar activamente unha mentalidad positiva), a fin de merecer.



A ARTE DESTAS CARTAS pode servir, especialmente, para aquelas persoas (non importa se crentes ou non crentes), que camiñan cunha actitude de procura interna, ou de evolución da propia mentalidade, co obxectivo de saír do personaxe que normalmente representamos, a fin de que cada un poida atoparse consigo mesmo, o que terá como resultado, si ele ficese o Camiño co sentir adecuado, o reencontro co Todo que somos. Algo moito máis sinxelo e natural do que imaxinan os que leron sensacionalistas relatos místicos sobre iluminación.

Porque tódolos mundos que poden interesar ao ser humano, encóntranse no seu propio mundo.


Para quen aínda non espertou para o des-velar, ou para o sentir seu Ser Real, todas as partes do mundo de ilusión que contempla son ilusorias, porque ilusoria continúa sendo a súa percepción delas (ou sexa, contemplada a partir do ego persoal e da mátrix conceptual dos egos colectivos imperantes) .



 Recoñecer o ego ilusorio é o obxectivo de toda a Primeira Parte da Camiñada, qualquera que sexa o seu punto  de partida. 

Na Segunda Parte intentaremos facer algunha cousa co ego e co seu programa terxiversador da Realidade, os cuais aprendimos a recoñecer durante a Primeira. 

Na Terceira Parte centrarémonos cada vez máis profundamente en atender, máis aló da latriqueira do ego, o que noso eu profundo ten para comunicarnos.


Porque a información que está de acordo con aquilo que é a esencia do noso Ser Orixinal estendése por si mesma a onde quer que haxa pessoas e grupos dispostos a abrirse á percepción desa realidade. 

Ela resoa xeneticamente con nós, porque é o mais auténtico que os seres humanos levamos dentro, malia as máscaras do ego, das personaxes que representamos, malia os adoctrinamentos das escolas, dos medios e dos políticos do sistema.

OS CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN  E CALQUERA TIPO DE MEDITACIÓN E REFLEXIÓN SINCERA, SON EFICACES FERRAMENTAS PARA ESA NECESARIA E OMNIABARCANTE TOMA DE CONSCIENCIA, A CAL DESCUBRIRÁ TODO O NECESARIO PARA FACILITAR AS SÚAS SEGUINTES REALIZACIÓNS.




Bo Camiño, camiñante, e Atención Plena a aquilo no que vas pensando.





COMO USAR AS CARTAS

Antes de iniciar o Camiño e escoller unha das variantes posibles, pido a axuda do meu Guía Interno, o meu Ser Esencial ou como ti queiras chamar ao teu centro de consciencia. El é real ainda que misterioso, está claro, porque todo o demais que percibes na túa mente, sabes de sobra que é escuro, superficial ou inconsistente.

Podes confiar nel porque el é o teu mellor e único ti, e non as tuas moitas máscaras. Fai esta conexión ben feita.
E  manténla.




Poñóme, pois, no centro do meu ser en solitario, eu sei como. Todo o mundo sabe desde que naceu, incluso se non atrévese a recoñecélo ante outros. 

 Barallo, estendo as cartas sobre unha mesa ou sobre unha roupa colocada sobre o chan, pecho os ollos e paso as mans sobre elas.

Polo tacto dos dedos, deixo ao meu ser escoller unha, miro as imaxes, leo o título, e permito que a intuición -a miña conexión coa Fonte de Vida- dígame algo. 

Tomo nota e agradezo sen necesidade ningunha de rituais dirixidos ao único que eu fun e sempre son. 

Agora observo a mesma carta  do lado contrario, e busco unha segunda intuición que irá a complementar a mensaxe da primeira. 

Conecto as dúas, tomo nota e agradezo ao meu eu, sen sentilo, nin por un instante, como algo separado de min.


Usa a túa razón agora. Reflexiono. O máis importante é o que chega ata o meu racional sen incertezas, nesta reflexión. 


O NOSO  CAMIÑAR POLA VIDA ATA O AUTOENCONTRO NON É LIÑAL. Ninguén, salvo ti mesmo
, pode marcarte a melhor ruta que podes escoller, só é posible describir perspectivas persoais de camiñantes anteriores ou disposiçións a conveniencia dos gobernos locais... Indicaçións, opinións subxectivas, suxestións comerciais e normas profanas. 

A ÚNICA NORMA SAGRADA É RESPEITAR OS CAMIÑOS, QUE SON DE TODOS, E A LIBERDADE DE BÚSQUEDA, CONEXIÓN AO SEU PROPIO XEITO, ELECCIÓN E AUTOENCONTRO DOS OUTROS CAMIÑANTES.

 En cada encrucillada que sento como importante, ou en cada posibilidade de saír do camiño para investigar e vivenciar calquera oportunidade que xurdiu, ou calquera feito significativo que aconteceu, eu podo volver escoller unha nova carta.

E reflexionar sen deixar a menor marxe sobre ese espello deste momento, e tomar unha decisión realizadora desde o meu ser esencial e a miña sensatez humana.


Só tras reflexionar o suficiente, e nunca antes, é que convén ir consultar o Libro do Peregrino. É o bo momento para estudar os textos correspondentes aos números das cartas, por verso e reverso, que saquei antes, o é para estimular o crecemento de novas intuicións ao observar os cadros que foron pintados ao pensar nesas cartas, para conectalo todo -o meu ser sabe como- e para continuar reflexionando.

Son exclusivamente as túas intuicións interiores, consideradas con maior ou menor intelixencia polas túas reflexións, as que decidirán coa emoción ou a razón (tal como sempre decidimos), o teu camiño e as túas accións. 

Das miñas reflexións ten que saír unha decisión que non repugne á razón nin a miña ética persoal, asi como un firme propósito, a ser seguido e cultivado polo menos durante unha semana. Decide, realiza. 

Reflexión sen decisión realizadora é como flor sen froito. Flor linda, porén, estéril, que cedo murchará. Fogos de artificio.



 No final do dia ou no inicio, podo meditar sobre unha das cartas, escollida ao chou, sen mirar… Ou podo buscar, de olhos abertos, aquela que corresponde a cada etapa concreta que vou percorrendo.

Podo reflexionar sobre as preguntas que fago a unha ou a varias cartas, podo crear as miñas propias xogadas para consultálas. Nin estas cartas nin outras ningunhas poden adiviñar nada.


NON PODEM, simplemente, porque o futuro non está predeterminado. Ti mudas o teu rumbo e o teu futuro a cada vez que decides mudar os teus planes ou orientacións. As túas decisións fixan e materializan os teus ensoños.

Non hai nada nestas cartas nin de esoterismo, nin de misticismo, nin de Física Cuántica, nin de crenza algunha, ainda que non poden ser alleas ao xa asimilado ou ainda non asimilado polo autor. 

Non necesita facer cursos de Cábala o teu ser para lembrar que ele é a semente da Creación inteira e de tódalas potencialidades. 

Non son estas cartas un Tarot, ainda que se lle assemellen, xa que somos libres de xogar co Tarot ou con calquera otra cousa procedente de calquera cultura.

Xa que o fato de recoñecerte como ser humano universal, se ficeches evolucionar á túa mentalidade máis aló de fanatismos, e se cultivas, coñeces, aprecias e usas a cultura humana ecléctica, aberta, e a faces túa, é unha das sub-identidades que podes lexítimamente reivindicar como pertenza.

Recoñecerche como un humano universal, tan aberto a todo como prudente e discreto frente a supostas verdades, é unha sub-identidade ou roupaxe mental do teu ser muito máis ampla que a que supón identificarche unicamente cun concreto lugar ou etnia, contexto cultural, relixión ou ideoloxía.

 O teu ser é dono de tódalas identidades, todas son respectables e compatibles en algúns dos seus aspectos e ningunha desas facetas ou caras é capaz de sintetizar a sua complexidade,  salvo cando ascenden ao ápice da pirámide e confluen no seu máis elevado nivel de consciencia.

Ninguén exterior a tí pode interpretar as cartas (si fixéseo, a súa interpretación sería tan só unha opinión persoal que, como moito, pode servirlle a el mesmo). Ninguén pode, tampouco, prever, anticipar ou predecir o que acontecerá no teu guión de vida, antes de que ti mesmo o disoñes, o deseñes e o decidas constructivamente.


OS SEPTENARIOS


O Labirinto simboliza o camiño evolutivo da nosa mentalidade ao longo da vida, e faremos a nosa reciclaxe e síntese dela percorrendo mentalmente, conscienciando e limpando, os seus  ciclos de 7 anos, ou septenarios...

...Sen esquecer o período prenatal de xestación da nosa manifestación neste mundo, por parte da nosa liñaxe e dos nosos pais. 

Nin estes septenarios de preparación nin os da nosa realización (desde que comezamos a aprender a conciliar e converter en poderes complementarios as nosas forzas aparentemente opostas), contabilízanse dentro do tempo e plano físico do noso corpo.

O peregrino atento que medita sobre a súa transformación progresiva apoiándose nestas cartas, irá comprendendo isto desde a súa entrada en Galicia.

Estas cartas son apenas un artificio para axudar a intuir a reflexionar, a refinar a nosa sensibilidade, a clarificar a nosa psique e a desenvolver autoconsciencia a través das suas imaxens e textos.
  
A sua propia busca do máis auténtico, profundo e atemporal de si mesmo, motivou ao autor deste traballo a imaxinar formas plásticas e escritas coas que descreber e ordenar os sucesivos descubrimentos do seu proceso interior ao longo da vida. Manuel Castelin o dedica a todos os compañeiros e compañeiras que também sintan a vida como a arte e a aventura do autoencontro.


Dous ou tres novos paradigmas de civilización mundial, baseados na fraternidade e na confianza de que para nada necesitamos de revolucións violentas nin de inxeniería social dirixida e manipulada, están desenvolvéndose agora mesmo como potencialidades, a partir da comprensión de que absolutamente tódolos seres deste planeta temos a mesma esencia (a pesar do excluinte dos nosos egos) e, por tanto, poderemos entendernos no nivel máis elevado das nosas consciencias.

E este desafío o que correspondería a este tempo no cal escribo (a pesar do panorama caníbal que certos intereses divisionistas queren impoñernos nas mentes), o cal é moi pouco, comparado coas evolucións alén do noso planeta-berce, que xa estánse xestando para o futuro dos nosos fillos e netos. 

A nosa consciencia debe atopar e atopará vehículos para estenderse por tódolos ámbitos que ela é capaz de imaxinar, pois está destinada a sintetizar diferenzas de forma harmónica (EN LUGAR DE ENFRONTALAS) e a cocrear positivamente sobre elas. 

Isto é unha pura cuestión de adestramento, métodos e tempo. O noso camiño como especie é o amplo Camiño das Estrelas.


PROXIMO; OS PERPETUOS ESENCIAIS. CLICK AQUÍ

2- PREPARACIÓN. OS PERPETUOS ESENCIAIS


AS ESTACIÓNS DO LABIRINTO, COAS  SÚAS CARTAS, TEXTOS E CADROS RELACIONADOS.  



-Camiñante, eres libre de consultar cartas e libro no teu teléfono móbil e de facer comentarios, se quiseres; esa é a idea. Manuel Castelin sempre reserva para si os direitos de impresión e te roga que os respectes.-

Se algún experto en informática sabe como converter estas cartas, por amor, en unha aplicación gratuíta que facilite aos peregrinos as barallar aleatoriamente, me contacte en Messenger manuelcastelin.3 
Igualmente, agradezo muito calquera corrección que poida axudar a mellorar este traballo.

 ISTO É UNHA OBRA PROCESUAL, COMO TÓDALAS DESTE AUTOR, O QUE QUER DICIR QUE PODE RETOMÁLA E INTENTAR A SÚA MELLORA, EN TANTO EL CONTINUE APRENDENDO SOBRE ESTE PLANETA. AS PÁXINAS NOS CATRO IDIOMAS QUE MANEXA, PODEM TORNARSE VERSIÓNS DIFERENTES E CREATIVAS  DA MESMA OBRA.


COMEZAMOS:
OS PERPETUOS ESENCIAIS SON OS ARQUETIPOS PRIMARIOS, UNHA BASE DE SIGNOS E  IMAXENS SIGNIFICANTES, SOBRE A CAL PARECE FUNCIONAR TODO O SISTEMA CREATIVO DA MENTE DO AUTOR.

Aparecen desde a carta 0 á 06, e da 1 á 3.  Só comezarán as etapas concretas do Camiño Geográfico en Lisboa, ao chegar a carta 4


Á ESQUERDA, ABAIXO, A CARTA DO LABIRINTO,  Á SÚA DIREITA, UN CADRO PINTADO PELO AUTOR SOBRE O TEMA DA MESMA.

BAIXO AMBAS IMAXENS, TEXTO QUE COMENTA A CARTA,


O TEXTO E O CADRO VERANSE COMO PÁXINAS ESQUERDA E DIREITA DO LIBRO IMPRESO DO PEREGRINO.
  
 O número da primeira carta fúndese co da carta final, tal coma na vida.


0-104 - O Misterio: Motor da evolución.

Aprendín que o meu ser orixinal, a miña esencia, é indefinible para min.

Non podo especular nada sobre ela, mas percibo que, dentro das moitas dimensións da súa consciencia, deben estar contidas, de forma plena e atemporal, todas as potencialidades, porque así sinto que o están na miña.

Sinto, tamén, que nós, os seres humanos, somos ramificacións desa sutil consciencia primeira, que adquiriron unha forma específica ao materializarse, cada unha coa súa propia mentalidade, programas, obxectivos e capacidades, resultantes dos condicionantes que a rodean.

E que nosa mentalidade vai evolucionando de grado en grado, no coñecemento funcional, vivo,  desas potencias, á medida en que e capaz de transcender os condicionantes que limitan a súa percepción e acción libre... 
...O cal debe servir para reintegrala, convertida en consciencia experiente, útil e sabia, á súa misteriosa Orixe Esencial.

CADA CARTA TERÁ COMO REVÉS A CARTA CORRESPONDENTE AO NÚMERO SEGUINTE. AMBAS LENSE XUNTAS, XA QUE SON COMPLEMENTARIAS, OPOSTAS, OU CONSECUENCIA A UNHA DA OUTRA: 



01 - A Consciencia: 
O ser en min sabe moito máis, desde sempre, que o que a miña mentalidade actual pódeme demostrar racionalmente. A razón é ave de voo baixo. O saber do ser exteriorízase como un sentir. A intuición é un sentir-saber que guía.

Sabe que somos unidades de autocoñecemento sensible e executivo do ser total. Sabe que coñecer todo aquilo canto somos capaces de concebir, é a nosa función, o noso sentido de vida e a nosa realización neste plano.

Aprendín que o meu natural medo ao misterioso e ao descoñecido só supérase ao ousar enfrontalos, vivenciando as súas múltiples posibilidades e facéndoas coñecidas e utilizables.

A Consciencia é a luz que ilumina O Misterio, pero tamén é luminoso misterio en sí mesma.
    



02 - O Pai: 

Vontade de Ser e de Realizar. 

Sento claramente aquilo que o meu ser esencial desexa dentro de min, coa maior firmeza e en cada momento. 


Este sentimento non ten calquera relación con caprichos pasaxeiros. Sei que realizalo farame pleno e feliz. E que podo contar, para intentalo, con todo o poder e o saber da miña esencia. El universo inspira tanto como conspira.

Malia a miña ignorancia, sento esa vontade interna e constante como a primeira das forzas que me animan e como a máis confiable. 


Ela dime que, todo canto somos capaces de concibir e de querer con real paixón, tamén somos capaces de coñecelo e de desenvolvelo como potencialidades evolutivas da nosa mentalidad individual-grupal, que fácense vivencias da nosa esencia. 


03 - O Lume: 

Instinto transformador.

O poder da vontade fundamental do meu ser é un lume de paixón e interés que me impulsa a realizala, así como unha luz que guíame nese empeño.

Somos enerxía-consciencia. A enerxía do único que hai, do ser, nin se crea nin se destrúe. Só se transforma continuamente.

Se a vida é transformación, eu sei que este lume que me anima transformarame positivamente e que transformará todas as circunstancias que me envolven, a fin de satisfacer o desexo prioritario e imperativo da miña esencia. 

Polo tanto, confío no seu poder e lánzome na procura realizadora do seu obxectivo.


04 - A Nai: Intuición inspiradora.

Ollo para dentro e confío na sabedoría e na orientación da Fonte Orixinal que me creou, que ámame e me aníma.

Sexas home ou muller, ou como queiras chamar à túa envoltura, seguro que necesitas cultivar en ti, ao longo do teu Camiño, as cualidades amorosas do Arquetipo Nai, antes de fundirte co Propio Amor do Ser Creador de todos os arquetipos, mais aló de sexos e géneros. 

Así será como vaise unificando a nosa mente con tódolos programas primarios da mente extensa
.   



05 -A Agua: 
Imaxinación Emocional.

A emoción é a vida fluinte e a graza de toda creatividade.
Sento que a imaxinación emocional e a curiosidade son as nossas formas máis básicas de conhecimento, anteriores á especulación intelectual.


O noso neno interno está máis preto de percibir a nosa esencia que o que a nosa personalidade adulta, tan distraida e conceptual.

A nosa esencia sempre sabe que todo é un, que todo é eu, fluindo, a súa consciencia non pode separarse do seu mundo para xulgalo. 

Percíbeo, por empatía (pola emoción sentida no seu propio ser-mundo).

O aparente ser “do outro” apenas é outro aspecto de un mesmo. Ser-espello. O saber esencial é saber ser. 




06 - O Fillo: Camiñante Evolutivo. 

O Fillo son eu, o peregrino. Sei que son unha unidade de consciencia vivencial do Ser Esencial que ES, vivindo o labirinto da súa creación.

 Aprendín que estou aquí para facer evolucionar a miña mentalidade, ó longo dos cambios da viaxe da vida.

 Mentalidade: a miña maneira creadora de pensar e de mirar ao mundo, aos outros e a mim mesmo.

... Ata poder pensar, mirar e, por tanto, crear, tal como pensa, mira e crea o Ser. 

1ª ETAPA: MUNDO DE ILUSIÓN
.


1 - O Aire: Vibracións da Consciencia. 

Eu son só un ínfimo anaquiño da Creación, sí; ou mellor, un feixiño de ondas.  Pero dispoño de ampla marxe para vibrar ao meu xeito a Danza da Vida, en conxunto co gran feixe doutras frecuencias de consciencia semellantes a min, todas nós ondas do Océano de Consciencia do ser maior que todos xuntos somos. 

As mesmas leis que rexen a miña mente, conectada ás mentes colectivas, rexen tamén a gran mente planetaria, conectada ás mentes cósmicas, múltiples capas do Ser. 

2 - A Terra: Base construtiva.

O meu feixe de ondas de consciencia móvese nun campo mental con variadas dimensións que eu podo sentir, simbolizadas, na miña cultura, polos catro elementos, bases de arquetipos e mitos.

Conforme ao que eu penso e sento, a matriz da Terra é fecundada e xesta para min ese guión da miña vida, que corresponde a ese pensar- sentir, dentro do escenario laberíntico do tecido de guións na rede da Mente Colectiva.


3 - A Mentalidade: Filtro persoal do subconsciente colectivo e individual.

O noso modo evolutivo de ver aos outros, ao mundo e a nós mesmos, é un produto das nosas crenzas, culturas, costumes e experiencias, xeitos de actuar e xuízos.

Nunca deixarei de ampliar a miña mentalidade, aspirando sempre a todo o máis elevado e abarcante. Sei que toda mentalidade que se estanca, volve atrás, involui.
 Sei que a miña mentalidade xera para min un guión de vida, por iso intentarei ser un bo guionista-actor-actriz. Un artista da Vida.

O meu ser real non é de carne, ainda que a conforme como vehículo de manifestación no seu plano físico... Nin un constructo. El está máis aló de sexos e de xéneros, de corpos ou mentes.


A CONTINUACIÓN, INICIAMOS EN LISBOA AS ETAPAS PORTUGUESAS DO CAMIÑO. CLICAR AQUÍ.